astillasdetinta
meu pais é aquel donde acendo a lume, e a miña bandeira é de fume. escribo poemas para atrapar o silencio do mundo, e traducir as voces das cousas,
1949-03-21 maside (Ourense) Galiza
2232
0
1
Como o amor que prende na lingua
Dos "eus" que son eles
un eu que son os outros
Sain de Maside onde nacin por primeira ves
e con dez anos cruceime con él
na rúa do Progreso, atravesando a Praza Maior,
nos vairons da Muralla
camiño da livreria Celta
onde meu pai comproume
a primerira e mais fermosa pluma estilográfica.
E a Lingua continuaba a ser a nosa
Chegamos a Ferrol, e meus irman mais eu,
fumos os pailans, os analfabetos,
acento da aldea e castelan mal falado.
Eu baixaba con once, doce anos, atabanado,
dende o cruceiro de Canido
atravesando aquel Ferrol, onde a chuvia
continuaba a ser de aldea como nos
Un Ferrol, o anverso do ilustrado,
cuadriculado, de compás e cartabón,
un Ferrol misterioso e laberíntico,
que me levaba aos muelles, aos peiraos,
ao mar, mais ainda, a aquelas portas
de luces vermellas, de voces salgadas.
Miña imaxinacion era un universo ardendo
de promesas e de viaxes
Leia baixo a sabanas, á luz dunha linterna
ducias de novelas negras
que encheron a miña insomne cabeza
de oscuros personaxes, de mulleres
mais reais que a que me arrodaban dende neno,
menos aquela que me dou de mamar,
e que non foi miña nai,
enchendo de traficantes de armas,
de extraperlistas, de cadaleitos cheos de tesouros,
ou de aterradores secretos,
de risas como dexesos tatuados,
de noites espesas como carballeiras ameigadas
onde o crimen e a xolda dos malos
ameazaban o soño dos que tiñan fé.
Era naquelas tabernas, naquelas tascas,
cas portas entornadas,
como pálpebras entrepechadas
dunha realidade sacada das novelas
casi tan negras como os invernos da nenez,
daquel rapaz en pecado, soñando esperto
Mais tarde supen, xa lonxe de Ferrol,
Pra sempre co mar nos miolos,
que baixaba empuxado
polas voces que alumeaban
como os meus queridos vagalumes,
arroutado por unha caterva de linguas,
palavras como faiscas
que poñian ante min a Terra,
e os Mares Furiosos,
larpeiros dos soles maduros,
das infinitas beiras, e sobre todo,
o territorio de todas ás naves,
dos trasatlánticos sempre sempre acesos,
e enmalloume unha Rosa dos Ventos na alma,
que ainda hoxe trema na maruxia dos sonhos.
Coñecin que tiña unha aldea na lingua
E era a infancia á que a lingua contia
Un universo en expansión perpetua
que fixo de min o mais humilde cosmopolita ,
o viaxeiro, o nómada, que sempre atopa
o seu lugar ali onde acendese o lume
E tartexando todas as linguas, a lingua,
compartilhar ás adorabeles derrotas,
ás singraduras de abundantes colleitas,
É obriga nosa, contalas,
pois nos vai a vida en elas.
E son nosas falas a ferramente perfecta
pra habitar o presente
sem intermediários e sem administradores do medo.
Volvin a Ferrol, e fun testemunha
de como ás cinzas cubrianno todo
os guindastres compartillaban
a súa extinzón cas grullas e ás garzas
Nos tellados as árvores medraban
e nas cornisas a herba cantaba en silenzo
Mais tamen escomenzou a escoitarse
nas rúas mais vellas, palavras encarnadas,
poemas incondicionais, inconsumibles,
Versos enchendo os vasos, sempre comunicantes,
E todo viña a constatar o que os mais insumisos
sabian sem dubidas, que a vida é inaprazable,
que basta con ver un instante o ceo na terra
pra que elo sexa inesquecible,
como o amor que prende na lingua.
395
1
Mais como isto
Ver também